Xunta e Fegamp crean un grupo de traballo que reformulará os criterios das axudas destinadas á mellora da empregabilidade que se conceden aos concellos

Beatriz Mato e Carlos Fernández mantiveron hoxe unha xuntanza na que abordaron a tramitación das liñas de colaboración, en materia social e de emprego, da Consellería de Traballo e Benestar coas entidades locais
Neste encontro, abordouse a creación dun grupo de traballo que establecerá os novos parámetros que rexerán nun futuro as achegas outorgadas pola Xunta ás corporacións locais a través dos plans de cooperación
A conselleira informou do estado da tramitación do decreto dos servizos sociais comunitarios que regulará as transferencias de financiamento en materia social a partir do próximo exercicio
Mato presentou á xunta de portavoces da Fegamp a nova aplicación informática que permitirá aos concellos acurtar prazos na solicitude das subvencións do coñecido como Plan Concertado e axilizar os pagamentos